• 2019-06-18 11:27:04
    Cultura e lecer

    Está aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).

    As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.

    A presentación da declaración responsable farase no Rexistros xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

    Tamén poderá presentarse a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral (https://sede.irixoa.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral) e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.

    A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.






    Adjuntos: