-
AVISO DE INTERRUPCIÓN DAS COMUNICACIÓNS2019-09-19 14:25:47Info Xeral
Debido á realización de traballos de modificación do sistema de comunicacións na Casa do Concello, o luns día 23 de setembro a partir das 11:00 estará interrumpido o Rexistro Presencial así como outros servizos que dependan dunha conexión a internet para o seu funcionamento.
Para a iniciación de trámites ou presentación de documentos poderá facerse alternativamente desde a sede electrónica do concello, que non se verá afectada por esta interrupción.
Á sede electrónica de Irixoa accédese dende a dirección https://sede.irixoa.es