-
EXPOSICIÓN PÚBLICA CENSO ELECTORAL2019-10-01 11:12:38Info Xeral
Unha vez convocadas as Eleccións Xerais para o día 10 de novembro de 2019 e para dar cumplimento á Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, comunícase que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será do 30 de setembro ao 7 de outubro.
Durante este periodo calquera persoa poderá presentar reclamación administrativa sobre os seus datos censuais.
A consulta deberá ser formulada pola propia persoa interesada, previa identificación.