• 2019-11-27 09:51:40
    Emprego

    Convocado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria procedemento de RECOÑECEMENTO das COMPETENCIAS PROFESIONAIS adquiridas a través da EXPERIENCIA LABORAL nas seguintes cualificacións:

    • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 300 prazas.
    • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 250 prazas.
    • Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 200 prazas.
    • Socorrismo en instalacións acuáticas: 200 prazas.
    • Docencia da formación para o emprego: 100 prazas.
    • Extinción de incendios e salvamento: 50 prazas.
    • Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural: 150 prazas.
    • Confección e mantemento de artes e aparellos: 75 prazas.
    • Vixiancia e seguridade privada: 150 prazas, nas unidades de competencia:
    – UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións.
    – UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física.
    • Instrucción en ioga: 150 prazas.
    • Servizos para o control de pragas: 75 prazas.

    Prazo de presentación de solicitudes: dende o día 28 de novembro ata o día 27 de decembro do 2019.
    Máis información no Dpto. Orientación Laboral Concello Irixoa (Tfno 981793001)




    Adjuntos: