• 2020-03-13 10:11:58
    Noticias

    Para afrontar o agravamento dos contaxios por Covid-19, dende o Concello de Irixoa adóptanse as seguintes medidas:
    - Suspender dende hoxe todas as actividades municipais, así como as que se celebren nas súas instalacións.
    - Pechar ao público a biblioteca municipal e o pavillón polideportivo.
    - Limitar a asistencia ás oficinas municipais só para tramitacións urxentes, cunha acumulación máxima de 5 persoas externas ao concello dentro do edificio.
    - De ser posible, recoméndase realizar as tramitacións por medios telemáticos, en especial usando a sede electrónica https://sede.irixoa.es

    É absolutamente imprescindible a colaboración dos veciños, polo que deberán evitarse aglomeracións e cumprir estritamente as ordes ou recomendacións das autoridades competentes, co obxecto de frear o contaxio do coronavirus.




    Adjuntos: