• 2020-03-30 18:48:28
    Servizos

    Aos efectos do disposto no Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, considéranse esenciais as seguintes actividades do Concello de Irixoa:

    1. Servizo de Axuda no Fogar.
    2. Atención a discapacitados, dependentes e vítimas da violencia de xénero.
    3. Atención telefónica na casa do concello, para os asuntos urxentes e coordinación xeral dos servizose tramitación administrativa.
    4. Alcaldía.
    5. Transporte social.
    6. Servizos de abastecemento e saneamento de auga.
    7. Servizo de recollida de lixo.
    8. Calquera outro similar aos recollidos no propio Real Decreto-lei.

    As oficinas da casa do concello permanecerán pechadas para o público.

    Para a realización de trámites extremadamente urxentes e inaprazables haberá que pedir cita no teléfono principal do concello 981 79 30 01, petición que será valorada polo persoal municipal; unha vez valorada a petición,comunicarase a admisión á persoa interesada, quen poderá ingresar na casa do concello, adoptando as medidas preventivas recomendadas, de xeito individual (ou con acompañante en caso de necesidade),aos efectos de realizar a xestión administrativa oportuna.

    O persoal municipal organizará o seu traballo por quendas e, no ámbito do posible, mediante o teletraballo na súa casa.

    Nas oficinas xerais municipais permanecerán 1 persoa durante o horario especial de 9:30 a 13:30, atendendo ao seu traballo, teléfono e xestionar as tarefas inaprazables encomendadas e trámites urxentes.

    As quendas serán rotatorias durante o tempo que dure o estado de alarma agravado.

    Mantense o transporte social unicamente para enfermos que necesiten atención médica, de enfermería ou farmacéutica que non poida aprazarse, cun máximo de 3 persoas por viaxe, a parte do condutor. Os usuarios unicamente poderán asistir ás consultas sanitarias ou dispensacións farmacéuticas imprescindibles, non para outras xestións.
    O condutor municipal queda facultado para realizar os controis oportunos para garantir o cumprimento desta medida restritiva.