-
LUMINARIAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO2020-06-18 11:56:54Cultura e lecer
Está aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).
As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.
A presentación da declaración responsable farase no Rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
Tamén se poderá presentar a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral (https://sede.irixoa.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral) e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.
A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.
A data límite de presentación é
22 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Xoán
26 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Pedro
Adjuntos: