-
CONFINAMENTO DE SOSPEITOSOS DE COVID-19 NA CASA2020-11-25 14:03:24Info Xeral
Debido á evolución moi negativa da pandemia do coronavirus no concello, recórdase a prohibición dos sospeitosos por síntomas, e contactos directos con positivos de COVID-19 de permanecer en lugares públicos, sendo obriga destas persoas quedar confinados nas súas casas.
Apelamos á responsabilidade individual de cada persoa, que redundará no ben de toda a comunidade.
Incumprir esta obriga dará lugar á oportuna denuncia e sanción polo concello ou autoridade competente.
Igualmente informamos que calquera veciño/a de Irixoa confinado que o necesite, cando precise axuda (alimentos, mediciñas, …) deberá chamar ao concello para solucionar a súa demanda.
Adjuntos: