-
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER2021-03-05 14:24:06Noticias
Desde o concello de Irixoa, un ano máis queremos conmemorar esta data significativa do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, en prol da igualdade e polo recoñecemento do traballo cotiá que realizan as mulleres do mundo e máis concretamente, as que viven no noso eido rural do que formamos parte.
Convocamos o I concurso sobre a igualdade de xénero entre o alumnado do CPI “Virxe da Cela”, e do que mostraremos os traballos realizados polos/as alumnos/as.
Debido á continuidade da situación sanitaria polo covid-19 que seguimos a vivir, o concello e o departamento de Servizos Sociais de Irixoa, decidimos facer a campaña divulgativa e informativa desta conmemoración a través da nosa páxina web. E ao longo de todo o mes de marzo.
Así mesmo editaremos unas bolsas que reflictan o noso sentir:
“Traballemos pola igualdade: 100% igualdade=0% violencia de xénero
Tamén queremos manifestar que nos adherimos ás campañas realizadas pola FEGAMP e pola Deputación da Coruña, que volcaremos na nosa web.
Un saudo a toda a veciñanza.
O Alcalde
Antonio Deibe Sanmartin
Adjuntos: