• 2022-02-11 09:34:41
    Cultura e lecer


    O vindeiro día 8 de marzo, como todos os anos, celebraremos o Día Internacional da Muller e necesitamos a vosa colaboración para que nos aportedes fotografías de mulleres na vida cotiá, antigas e novas, en branco  e negro ou a cor. Con elas pretendemos facer un mural no que se reflicta a labor e traballo das mulleres ao longo do tempo.

    Ese traballo diario, caladiño, sen vacacións e  invisible a case todos os ollos, e polos que elas non perciben recoñecemento, salario nin pensión.

    Este mural será exposto na planta baixa e na páxina web do concello e as fotografías serán escaneadas. Se nos deixades o orixinal, poñeremos por detrás o nome da persoa propietaria e se devoverán unha vez rematado o mes de marzo no que desfaremos o mural.

    Recollerémolas no Concello e para que as podamos amosar públicamente tamén será necesario que nos firmedes unha autorización de cesión cando as traiades.

    Esperamos a vosa participación!!!!!!!!!!!

    Máis información no teléfono do Concello 981793001 ou no Departamento de Servizos Sociais.