-
ESTANSE A DAR CASOS EN IRIXOA DE ESTAFAS TELEFÓNICAS SOBRE AS COMPAÑÍAS DE LUZ E GAS2022-04-29 15:01:56Info Xeral
Queremos avisar que nos chegaron a Servizos Sociais queixas de persoas que están a chamar por teléfono facéndose pasar por traballadores dalgunha compañía de luz ofrecendo ofertas moi tentadoras e unha rebaixa na factura da luz.
Lembrade que non temos que proporcionar nunca ningún dato persoal por teléfono.