• 2022-06-15 10:56:54
    Cultura e lecer


    Está aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).

    As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.

    A presentación da declaración responsable farase no Rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

    Tamén se poderá presentar a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.

    A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.

    A data límite de presentación é

    21 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Xoán
    27 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Pedro


    Adjuntos: