-
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO INVENTARIO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS2022-07-06 10:34:44Info Xeral
O Concello de Irixoa ten aprobado inicialmente o inventario de vías e camiños municipais. Para que este documento se adapte ao máximo á realidade da rede viaria municipal, é preciso unha especial colaboración cidadán para detectar e corrixir posibles erros.
Neste sentido o concello establece unha exposición pública do inventario polo prazo de 2 meses, que se inicia o 6 de xullo e remata o 5 de setembro de 2022.
Durante este prazo o inventario pode ser consultado nas oficinas do concello, en horario de 9 a 14 horas.
A empresa Gabinete CARTOTEC, S.L., redactora do inventario, realizará unhas sesións de presentación e consulta do seu contido, en horario de 9 a 14 horas, de acordo co seguinte programa:
8 de xullo na Biblioteca Municipal para veciñ@s e propietari@s da parroquia de Irixoa
15 de xullo no Local Social da Graña para veciñ@s e propietari@s da parroquia de Ambroa
22 de xullo no Local Social de Muiños para veciñ@s e propietari@s da parroquia de Mántaras
29 de xullo na Biblioteca Municipal para veciñ@s e propietari@s da parroquia de A Viña
Adjuntos: