• 2022-07-07 10:23:50
    Info Xeral


    Actualmente estamos sufrindo unha seca que está afectando moi negativamente aos mananciais que surten aos depósitos dos abastecementos municipais. 

    A Xunta de Galicia ten declarada a prealerta de seca en todo o territorio da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa. 

    Por iso esta Alcaldía pide aos veciños que reduzan no posible o seu consumo de auga, facendo en todo caso un uso responsable e conforme cos usos autorizados. 

    O concello establecerá un servizo extra de vixilancia para que se cumpra estritamente a normativa reguladora, denunciando e sancionando os usos incorrectos e abusivos.

     Lémbrase que non están autorizados os usos de rega e de enchido e mantemento de piscinas, así como que as sancións municipais polas infraccións neste tema poden ir desde 50 ata 1.000 €.

     O concello agarda a colaboración de todos e espera evitar que se teñan que tomar medidas de redución ou restrición de auga á poboación.