-
Axuda económica de 200 euros para persoas persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio2022-07-08 13:44:18Info Xeral
Dende o Departamento de Servizos Sociais infórmase que
Serán beneficiarios dunha axuda, en pago único, de 200 euros de contía, as persoas físicas que na data de entrada de vigor do real decreto-lei realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou sexan desempregados rexistrados na oficina de emprego, sexan beneficiarios ou non da prestación ou subsidio por desemprego, sempre que en 2021 percibisen ingresos inferiores a 14.000 euros anuais, e tivesen un patrimonio inferior a 43.196,40 euros anuais.
As persoas beneficiarias deben ter residencia legal e efectiva en España na data de entrada en vigor do presente real decreto-lei, e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á devandita data..
A axuda será xestionada coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, previa solicitude dos beneficiarios. A solicitude presentarase na Sede electrónica da AEAT, enchendo o formulario electrónico que para ese efecto se poña a disposición pola mesma ata o 30 de setembro de 2022, e no que, necesariamente, deberá figurar a conta bancaria na que se desexe que se realice o abono.
Persoas excluidad; as que xa cobren o IMV ou reciban pensións do Réxime Xeral e os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado.
Prazo de resolución: 3 meses
Órgano de resolución: Axencia Estatal de Administración Tributaria