• 2022-11-07 13:11:18
    Info Xeral


    A adecuada xestión do lixo pasa por unha mellora da recollida do lixo, para o cal establécese unha separación da materia orgánica.

    O Concello de Irixoa súmase a estas exixencias de separación e aposta pola compostaxe domiciliaria; a opción dunha recollida selectiva e unha xestión separada deste tipo de lixo encarecería moito o servizo e habería que incrementar notablemente os importes da taxa municipal de recollida.


    O Concello de Irixoa ten previsto o reparto veciñal dunha remesa de composteiros recentemente adquiridos. Para iso, os veciños interesados deberán presentar no concello unha solicitude de cesión individual do composteiro. Eses composteiros están financiados por fondos NextGeneration-EU, xestionados pola Xunta de Galicia.


    O prazo para solicitar o composteiro é de 15 días hábiles, computados dende o 7 ao 25 de novembro de 2022, ambos incluídos.


    Analizadas e valoradas as solicitudes, procederase posteriormente ao reparto dos composteiros dispoñibles.


    A Alcaldía pide a colaboración dos veciños para o cumprimento das obrigas da xestión dos residuos sólidos urbanos, especialmente na fracción de materia orgánica.



    Adjuntos: