• 2022-11-18 12:40:05
    Noticias


    O xoves 24 de novembro, ás 10:00 na Biblioteca Municipal de Irixoa terá lugar unha charla organizada pola Subdelegación do Goberno.

    Esta charla tén como obxectivo achegar a administración ao cidadán e dar a coñecer as vantaxes da administración electrónica e as ferramentas para o seu uso.

    No tempo dispoñible para a charla, as persoas participantes poderán obter o certificado electrónico persoal co que poder facer trámites nas distintas administración (Facenda, Catastro, Concellos, SERGAS, Seguridade Social, etc).

    A administración electrónica é a forma cada vez máis habitual de relacionarse coas administracións, polo que a alcaldía recomenda a asistencia a este encontro.

    ¿Cando?  Xoves 24 de novembro

    ¿Onde? Biblioteca Municipal de Irixoa

    ¿A que hora? 10 da mañá