-
CAMPAÑA NEVE 2023 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA2022-12-07 13:54:28Noticias
A Deputación da Coruña pon en marcha a campaña neve para o 2023 na estación de Valgrande-Pajares destinada a rapaces/zas de 12 a 15 anos. O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas. Os participantes desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación. Cada participante abonará unha cota de inscrición de 85€. O prazo de inscricións esta aberto ata o 16 de decembro mais información no telf. 981 793 001
Adjuntos: