-
Deficiencias no servizo de alumado público2023-01-19 14:04:42Info Xeral
O concello ten coñecemento de que en diversas partes do municipio xurdiu un problema grave de luminarias do alumado público estropeadas; as parroquias máis afectadas son A Viña e Coruxou. Por parte do concello estanse tomando medidas para a reposición total das luminarias queimadas, pero dado o volume excesivo do seu número, a reposición será gradual.
O concello está esperando os informes técnicos oportunos que xustifiquen a existencia de sobretensión nas redes, ao obxecto de formalizar as reclamacións pertinentes á empresa distribuidora de electricidade (Unión-Fenosa Distribución, grupo Naturgy).
O concello pide desculpas aos veciños afectados, dados os inconvenientes da falta de servizo, pero solicita tamén a comprensión dos mesmos, tendo en conta que:
- o número de luminarias é demasiado elevado e sobrepasa amplamente a capacidade de resposta municipal.
- o problema ven derivado dunha sobretensión excesiva nas redes de distribución eléctrica, alleo ao concello.