• 2023-01-19 17:13:25
    Info Xeral

    A causa das abundantes choivas das últimas horas, avisamos á veciñanza das seguintes incidencias nas estradas do concelloÑ
    - Estrada de Grambén a Cruce de Tiúlfe (Ambroa):  Cortada por inundación
    - Ponte dos Odreiros (Ambroa): a punto de desbordarse o río
    - Estrada de Churío a Ponte de Xielas: moita precaución á altura da depuradora, xa que se pasa con dificultade.

    En Verís, pistas de Porta Cabanas e Ponte Esterco: inundadas. 
    En Cela, cortada a estrada principal á altura da ponte sobre o rio Zarzo.

    Recomendamos circular con extrema precaución, sobre todo no entorno de regatos ou ríos, polo risco de auga na estrada.


    Adjuntos: