• 2023-06-12 12:45:19
    Info Xeral

    Está aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).

    As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.

    A presentación da declaración responsable farase no Rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

    Tamén se poderá presentar a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral
     e anexando o modelo de declaración responsable  cumplimentado: 
     https://sede.irixoa.es/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/SolicitudGeneral_N

    A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.

    Data límite :

    21 de xuño de 2023 para a luminaria de San Xoán
    27 de xuño de 2023 para a luminaria de San Pedro



    Adjuntos: