• 2023-08-09 13:44:30
    Servizos

    Levamos varios anos cunha seca que está afectando moi negativamente aos mananciais que surten aos depósitos dos abastecementos municipais.
    Por iso esta Alcaldía reitera cada verán aos veciños que reduzan no posible o seu consumo de auga, facendo en todo caso un uso responsable e  conforme cos usos autorizados. O concello establecerá un servizo extra de vixilancia para que se cumpra estritamente a normativa reguladora, denunciando e sancionando os usos incorrectos e abusivos. 
    Lémbrase que non están autorizados os usos de rega e de enchido e de mantemento de piscinas, así como que as sancións municipais  polas  infraccións neste tema poden ir desde 50 ata 1.000 €.
    O concello agarda a colaboración de todos e espera evitar que se teñan que tomar medidas de redución ou restrición de auga á poboación.


    Adjuntos: