• 2023-08-22 12:19:46
    Info Xeral

    O Departamento de Servizos Sociais informa de que: desde o día 13 de setembro ata o 22 de novembro todos os mércores en horario de 10:00 a 12:00 da mañá na biblioteca Municipal, levaranse a cabo uns talleres para mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares: Taller de autoestima, Relaxación de conciencia corporal, Escoita activa, Uso do móbil, Xestión do tempo e Prevención do acoso na rúa, que serán impartidos polo Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural da Fundación Mujeres en colaboración co Concello de Irixoa e financiado pola Deputación da Coruña.
    Se queres participar ou obter máis información contacta cos Servizos Sociais presencial ou telefónicamente antes do venres 8 de setembro (981 79 30 01).


    Adjuntos: