• 2025-04-01 11:00:00
    Cultura y ocio


    Chega a Festa do Congro!




    Arrancamos a programación de Muxía Cultural coa celebración da XXVII Edición da Festa do Congro os vindeiros días 18 e 19 de abril 




    〰️ A festa comezará o venres 18 coa tradicional degustación de congro no porto de Muxía.

    Será a partir das 13:00 horas, e estará amenizada coa música tradicional das Abaladeiras 




    〰️ Á noite Muxía encherase de música cos concertos de Catuxa Salom e Os Bugis.

     Será no Malecón ás 22:00 horas e promete ser unha velada moi animada.




    〰️ A celebración continuará o sábado 19 coa degustación de mexillón ás 13:00 horas no Paseo Marítimo.

    Estará amenizada polo folk dos Xaramiños do Corpiño 




    〰️ Á tardiña a festa seguirá cos Cantos de Taberna polos bares de Muxía.

     Do Rivés, Nin Chica nin Patacón e Os Queloutros serán os encargados de animar o ambiente entre as 20:00 e as 23:00 horas 




    Esperámosvos! 



    Adjuntos: