• 2023-10-16 13:34:59
    Emprego


    Están expostas as bases de selección dos/as alumnos/as participantes do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VII que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.

    Ao concello de Ourol correspóndenlle 6 alumnos/as (3 de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e 3 de carpintaría de madeira)

    Selección: A selección dos postos será os seguintes días no Centro Sociocultural do Concello do Vicedo e co seguinte horario :

    -         Alumnos módulo de carpintaría de madeira: 23 de outubro ás 10:00 horas

    -         Alumnos módulo de sociosanitaria: 24 de outubro ás 10:00 horas

    Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

    As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es