-
PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS2024-01-12 12:24:31Emprego
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia vai a abrir próximamente as subvencións do Plan Renove de Electrodomésticos.
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Persoas físicas que realicen alguna das actuacións nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega (www.inega.gal)
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
A renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
- Substitución de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética establecidos na mesma táboa:
Electrodomésticos subvencionables:
Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
Lavadora A ou B (inclúe lavasecadoras sempre e cando teñan unha clasificación para lavado A ou B)
Lavalouza A, B ou C
Placas de cociña de inducción total (soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas)
No caso das placas de cociña, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de inducción total (placas que teñan soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas).
Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da instalación.
CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:
Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía.
Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.
As persoas beneficiarias de edicións anteriores non poderán repetir a mesma tipoloxía de electrodoméstico subvencionados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020.
Axuda máxima (€/electrodoméstico):
Frigorífico, frigorífico-conxelador e conxelador on clasificación enerxética A, B C ou D:
150 € (Consumidor Xeral)
300 € (Consumidor vulnerable)
450 € (Consumidor vulnerable severo)
Lavadora A ou C e Lavalouza A, B ou C:
100 € (Consumidor Xeral)
200 € (Consumidor vulnerable)
300 € (Consumidor vulnerable severo)
Placa de indución total (soamente tecnoloxía de inducción):
100 € (Consumidor Xeral)
200 € (Consumidor vulnerable)
300 € (Consumidor vulnerable severo)
A cantidade de subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Do 8 de febreiro ao 30 de setembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.
INFORMA: Resolución do 20 de decembro de 2023 do INEGA (DOG nº 9 de data de 12/01/2024)
Na páxina web do INEGA (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal)
No teléfono: 981-541500
Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109