• 2024-05-08 14:02:49
    Info General

    Desde o Concello de Ourol estamos traballando na mellora do servizo de xestión de residuos domésticos, e máis concretamente nos residuos orgánicos, para cumprir co disposto na lexislación vixente que nos marca que como concello debemos ofrecer unha xestión separada dos bioresiduos.
    Como mostra deste compromiso ambiental o Concello de Ourol empeza un plan de compostaxe doméstica, coa implantación de 40 composteiros en diferentes casas do noso municipio.
    Poden solicitar un composteiro doméstico os veciños e veciñas empadroados no Concello de Ourol que residan nunha vivenda unifamiliar e dispoñan dunha parcela verde onde instalar este composteiro.
    A finalidade para solicitar o composteiro debe ser o obxectivo de xestionar os restos da comida xerados nos fogares e os restos da eira e da horta.
    Se queren axudar a mellorar a xestión dos residuos do noso concello poden solicitar o composteiro doméstico ao Concello, chamando ao número 982 55 91 09 ou a través do seguinte correo electrónico: concellodeourol@concellodeourol.es
    A inscrición é totalmente de balde e recibirase un composteiro doméstico, un manual de compostaxe e asesoramento técnico. Á entrega do composteiro realizarase unha charla informativa.
    As persoas anotadas recibirán unha chamada coa data e hora da convocatoria.



    Adjuntos: