• 2024-11-29 11:13:35
    Servicios Sociales

    Con motivo da celebración do Día Mundial da Sida, o vindeiro 1 de decembro, unímonos ó chamamento que fai ONUSIDA para que neste día se recorde a importancia da pandemia polo VIH no mundo. 
    Este ano o lema mundial, "Tomar o camiño dos dereitos" fai alusión a reforzar os dereitos das persoas afectadas. Dereitos relativos ó diagnóstico, tratamento e prevención; pero tamén dun xeito máis amplio os referidos ós dereitos sociais e o traballo, a non discriminación e o estigma. Este camiño dos dereitos é unha peza fundamental para alcanzar o control da infección polo VIH. 
    Como en anos anteriores, o concello de Ourol participa nesta campaña a través da distribución de materiais divulgativos que se depositarán en dúas mesas informativas que se instalarán na Casa do Concello e na Casa da Cultura.





    Adjuntos: