• 2024-12-04 09:27:47
    Servicios Sociales

    O Concello de Ourol informa que se abriu o prazo  de inscrición para o Programa Lugo Termal da Deputación Provincial de Lugo
    DURACIÓN: Do 2/12/2024 ao 30/11/2025, ou ata esgotar as prazas.
    BALNEARIOS: (GUITIRIZ-TERMAS ROMANAS - PAMBRE- AUGAS SANTAS)

    OPCIÓN CON ESTANCIA: (275€)
    - Estancia de 6 días con 5  noites
    - As estancias comprenderán 5 pensións completas
    - Con carácter xeral, 15 técnicas de saude por estancia
    - Recoñecemento médico previo á aplicación das técnicas termais
    OPCIÓN SEN ESTANCIA (264€)
    - Mínimo 30 técnicas terapéuticas durante 10 días, sen estancia
    - Con carácter xeral, de luns a venres
    REQUISITOS PARA PARTICIPAR:
    - A persoa solicitante titular deberá cumprir os requisitos de:
     *Estar empadroada nalgún dos concellos da provincia de Lugo
     *Ter cumpridos 50 anos no momento de efectuar a solicitude
     *A persoa titular poderá participar cunha acompañante que non cumpra os requisitos do parágrafo anterior
    Para máis información e/ou solicitudes poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.