• 2024-12-16 10:28:44
    Emprego

    O Concello de Xove organiza un curso de reciclaxe de Socorrismo en Instalacións Acuáticas destinado destinado a aqueles socorristas que teñan que renovar a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos.
    O curso desenvolverase os días 11 e 12 de xaneiro de 2025 en horario das 10:00 ás 14:00 h. e das 16:00 ás 20:00 horas.
    O prazo de inscrición será desde o 16 de decembro de 2024 ata o 8 de xaneiro de 2025.
    Establécese como requisito para poder asistir ao curso estar en posesión do Certificado de Profesionalidade de Socorrismo Acuatico en Instalacións.



    Adjuntos: