• 2025-01-13 13:47:27
    Servicios Sociales

    O Concello de Ourol está a organizar un Obradoiro de Corresponsabilidade, dirixido a homes maiores de 18 anos, co obxectivo de promover a igualdade de xénero mediante a responsabilidade compartida nas tarefas do fogar e no autocoidado persoal. Esta actividade terá unha duración de 12 horas dividas en 6 sesión de 2 horas cada unha. Nestas sesións, que se levarán a cabo un día á semana, traballaranse os seguintes contidos:
    - Sensibilización sobre a igualdade de xénero e introducción á corresponsabilidade.
    - Cociña básica e saudable. Conservación de alimentos.

    - Organización e planificación de tarefas domésticas.
    - Iniciación á costura e reparación básica de prendas.
    - Limpeza e organización do fogar. Lavado, doblado e planchado de roupa.
    - Autocoidado persoal e hábitos saudables.
    Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109/677489457)

    Data límite para anotarse: 31 de xaneiro de 2025
    Esta actividade está financiada cos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero para Entidades Locais.





    Adjuntos: