• 2025-01-14 09:19:34
    Emprego

    Probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificacións.

    OBXECTO:

    Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para o acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.

    As competencias clave son necesarias para poder acceder a certas especialidades dos obradoiros de emprego de nivel 2 e 3 para aqueles desempregados que non posúan de estudos como mínimo a ESO.

    COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN:

    Convocanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:

    -          Comunicación en lingua galega

    -          Comunicación en lingua castelán.

    -          Comunicación en lingua extranxeira (inglés)

    -          Competencia matemática.

    No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarase a esta proba as persoas que estén en posesión do certificado Celga 2 ou Celga 3 dependendo do nivel ao que se presente.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 15 de febreiro de 2025.

    DOCUMENTACIÓN:

    -          Modelo de solicitude (Anexo I) (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal)

    INFORMACIÓN:

    -          Resolución do 12 de decembro de 2024 da Consellería de  Emprego, Comercio e Emigración. DOG nº 8 de 14 de xaneiro de 2025).

    -          Instituto Galego das Cualificacións. Tfnos: 981-546840   981-541562   981546808      ctb.igcualif@xunta.es

    -          Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 8:00 a 15:00 horas ou no teléfono ao 982-559109.