• 2018-01-26 12:31:32
    Info General

    ANUNCIO

    DON JOSÉ LUIS PAJÓN CAMBA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE OUROL, PROVINCIA DE LUGO

    FAI SABER

    Que se recibiu visita de Axentes da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO informando da existencia de vertedoiros incontrolados.

    Por este motivo RECÓRDASELLES que existe un servizo gratuito de recollida domiciliaria de enseres o último martes dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro. Para elo deberá chamar ao teléfono do Concello 982 55 91 09, indicando lugar, parroquia e enseres a recoller.

    Si por necesidade quere desfacerse dos enseres antes das datas de recollida, poderá depositalos nun contenedor metálico situado detrais da Praza do Concello (onde están aparcados os camións de recollida do lixo).

    Rógase a todos os veciños a máxima colaboración para manter o noso Concello limpo e saudable evitando depositar enseres e calquera outra clase de residuos en lugares non permitidos que causan un gran impacto ambiental e grave deterioro da nosa paisaxe.

    O que se pon en coñecemento de todos os veciños en xeral.

    Ourol, 26 de xaneiro de 2018
    O Alcalde – Presidente




    Adjuntos: