• 2018-02-15 10:53:01
    Servicios Sociales

    O CONCELLO DE OUROL
    INFORMA:

    PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO UNICO POR FILLOS E FILLAS MENORES DE 3 ANOS
    Persoas beneficiarias:
     Persoas con fillas ou fillos menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos)

    Requisitos:
     Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
     Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
     Que durante o ano 2016, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

    Contía da axuda:
     Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
     Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
     Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

    Documentación:
    a. Copia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante.
    b. Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses).
    c. No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial.
    d. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento.
    e. Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar.
    Prazo de presentación: ata o 21 de marzo de 2018