-
CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 20182018-05-02 09:48:35Servicios Sociales
Prazo de solicitude: ata o 30 de maio de 2018, incluído.
Obxecto:
Permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2018 da D.X. de Xuventude e Voluntariado
Persoas destinatarias:
As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.
Requisitos:
Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.
Campamentos quendas específicas
Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€ | Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€
Adxudicación:
A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:
As persoas que non participaran en anos anteriores.
Residan habitualmente no domicilio familiar.
No caso de empate a adxudicación de prazas farase por orde de entrada da solicitude.
Documentación:
Solicitude (word) | Solicitude (pdf)
Informe médico (word) | Informe médico (pdf)
As persoas seleccionadas teñen que aceptar ou renunciar á praza antes de 10 días dende que reciben a notificación de que foron aceptados. No caso de aceptar a praza hai que entregar tamén:
Xustificante de ter pagado.
Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado.
Un informe médico actualizado, no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude.
Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.
Unha fotografía tamaño carné.
É obrigatorio facer isto, para poder entrar na praza concedida.
Lugar de presentación:
Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Prazo de presentación:
Ata o 30 de maio de 2018 incluído.
Máis información
Concello de Ourol (Depto. Servizos Sociais) 982559109