• 2018-09-12 09:22:29
    Info General

    ANUNCIO

    DON JOSÉ LUIS PAJÓN CAMBA, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE OUROL, PROVINCIA DE LUGO

    FAI SABER

    EXPOSICIÓN AO PÚBLICO DE LISTAS
    DE CANDIDATOS A XURADO

    Con motivo do SORTEO de CANDIDATOS DO TRIBUNAL DO XURADO durante o BIENIO 2019-2020 que se celebrará o vindeiro 28 DE SETEMBRO DE 2018, o Concello mantén o servizo de consulta das listas a candidatos a Xurado entre os días 13 e 21 de setembro.

    Expóñense ao público nas oficinas municipais para a súa consulta polos interesados, aos efectos da presentación de reclamacións.

    Para levar a cabo a correcta consulta o interesado débese identificar mediante o seu DNI, pasaporte, ou permiso de conducir.

    O que se pon en coñecemento de todos os veciños en xeral.

    Ourol, 12 de setembro de 2018
    O Alcalde – Presidente




    Adjuntos: