• 2019-03-29 09:47:23
    Info General

    Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauis durante os meses de xuño e agosto, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharaui Democrática (RASD).

    Galicia ven participando nesta iniciativa solidaria dende o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos disfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os cuidados das familias acolledoras galegas.





    Adjuntos: