• 2019-04-02 12:01:02
    Info General

    A Xunta de Goberno Local do Concello, adxudicou as obras dunha nova instalación eléctrica no centro social de BRAVOS por case 12.000€. Con esta obra, trátase de emendar os defectos detectados pola empresa distribuidora BEGASA, polo que os traballos previsiblemente comezarán este mes de abril.

    Dende o Concello apostase, para que os centros públicos, teñan unhas instalacións dignas, e cumpran coa normativa vixente. A Corporación municipal, continuará, de esta maneira, co seu plan de mellora dos barrios e das infraestruturas, atendendo as necesidades, que lles transmiten os veciños e veciñas.




    Adjuntos: