• 2019-05-14 14:30:02
    Obras

    O equipo de Goberno ven de adxudicar, os traballos de mellora do firme existente, nas vías municipais de Lugar Novo e Chao de Bravos, os traballos consistirán nunha mellora do firme, eliminando fochas e aportando unha nova capa de aglomerado asfáltico en quente, mellorando desta forma, a mobilidade e accesibilidade da veciñanza, aos seus domicilios e propiedades. Dende o Concello intentase así, dar resposta a demanda da veciñanza, de mellorar un importante número de vías municipais.
    Neste ano 2019 e seguintes, é obxectivo do Concello, continuar aglomerando en quente as vías municipais, ao tratarse dun propósito que é de vital importancia, na mellora dás comunicacións dentro do Concello.




    Adjuntos: