• 2019-06-26 09:32:44
    Catastro

    Debido a gran cantidade de cartas certificadas (notificacións) que están recibindo os veciños do concello como consecuencia do procedemento de valoración de construccións indispensables en solo rústico levado a cabo pola Dirección Xeral de Catastro, e para facilitar e axilizar ao máximo posible os trámites, a atención na oficina catastral durante este proceso realizarase:

    OS LUNS, MARTES E XOVES EN HORARIO DE 9:00 H A 13:30 H

    O resto de días da semana son necesarios para realizar inspeccións para elaborar recursos, tramitar ditos recursos e realizar o correspondente rexistro electrónico dos mesmos.
    Recordaselles a todas as persoas que recibiran a notificación que dispoñen dun prazo dun mes (desde a recepción da notificación) para formular recurso ou alegacións en caso de que sexa preciso.
    Recoméndase a todos os veciños que soliciten cita previa (chamando ao teléfono 982 55 91 09) para evitar largas esperas.
    Terán preferencia as persoas con cita previa solicitada.

    Moitas gracias e perdoen as molestias.