-
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMANETO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS2020-01-21 12:24:22Servicios Sociales
PRAZO DE SOLICITUDE: Dende o 21 de xaneiro ata o 10 de marzo (ambos incluídos)
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.
Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
CONTÍA DA AXUDA:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos. A contía será a seguinte:
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.