-
PECHE FONTES PÚBLICAS2020-04-07 12:30:51Abastecimientos de agua
Ante a incidencia do COVID-19 (coronavirus) a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, emitiu o venres 3 de abril de 2020 unha nota informativa sobre abastecementos de auga de consumo público con motivo da alerta sanitaria por COVID-19, nesta nota faise referencia ás fontes públicas.
Por todo isto, durante o estado de alarma e ata a indicación contraria, o Concello de Ourol conforme ao mandato da Xunta de Galicia toma a seguinte medida preventiva: procederase ao precintado e peche de todas as fontes públicas do Concello de Ourol, sendo o subministro de auga potable garantido a través da rede de abastecemento municipal.
Desde o Concello de Ourol queremos agradecer a todos aqueles que cumpren co confinamento nas súas vivendas, xa que o esforzo individual terá como resultado o ben e a saúde de todo e todas.
Adjuntos: