-
ESTAFA TELEFÓNICA OFRECENDO A VACUNA DA COVID-19 A PERSOAS MAIORES2021-02-05 14:38:58Info General
Dende o Concello de Ourol infórmase dunha alerta da Garda Civil sobre a existencia dunha estafa telefónica a persoas maiores por parte de persoas que se fan pasar por profesionais de Cruz Vermella ofrecéndolles a vacuna contra a covid-19 a cambio de ter que facilitarlles unha serie de datos persoais que serán empregados con fins estafadores.
Solicitamos que se preste a máxima atención a este tipo de estafas e que nunca se proporcionen datos persoais por vía telefónica.