-
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: CÓMIC CIENTÍFICAS; PASADO, PRESENTE E FUTURO2021-02-11 12:54:59Info General
O Concello de Ourol quere recordar
que hoxe, 11 de febreiro, se celebra o Día Internacional da Muller e
a Nena na Ciencia.
Con
motivo da celebración deste día, queremos darvos a coñecer a
existencia dunha obra levada a cabo por un grupo de investigadoras da
Universidade de Sevilla na que queren visibilizar a vida de diversas
científicas ó longo da historia: Hipatia de Alejandría
(matemática, filósofa e inventora de diversos artiluxios como o
hidrómetro ou destilador de auga), Ada Lovelace (primeira
programadora da historia; creadora do primeiro algoritmo destinado a
ser procesado por unha máquina), Marie Curie (descubridora das
propiedades da radiación e de novos elmentos químicos como o radio
e o polonio), Rosalind Franklin (descubridora da estructura do ADN) e
Hedy Lamarr (sentou as bases de teconoloxías actuais como o WIFI ou
GPS). Esta obra recentemente foi adaptada a formato CÓMIC para
facela chegar ó maior público posible infantil e xuvenil.
Nas
páxinas deste cómic as rapazas e rapaces, ademais de coñecer a
vida e obra de importantísimas investigadoras ó longo da historia
tamén acabarán coñecendo o traballo realizado na actualidade por
moitas mulleres en España no ámbito da ciencia. O cómic pódese
descargar gratuitamente no seguinte enlace
http://institucional.us.es/cientificas/sdm_downloads/comic-alta-resolucion/
Dende
o Concello queremos incidir na importancia da educación en igualdade
e que as rapaces e rapaces conten con referentes femininos no mundo
da ciencia. Coa lectura de obras como a que vos presentamos cúmprese
o doble obxectivo de que as nenas vexan que as mulleres poden facer
carreira no ámbito da ciencia e que os nenos aprendan que os logros
os conseguen as persoas, independentemente do seu xénero, idade ou
nacionalidade.