• 2021-05-26 13:35:52
    Info General

    Dende a Asociación Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI), contando coa colaboración do Concello de Ourol, ofértase un curso de Inglés Básico  para o emprego (modalidade on line) para persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade. Este curso levarase a cabo dende o 14/06/21 ata o 06/07/2021, de luns a venres en horario de 11:00 a 12:00 horas. Trátase dunha actividade totalmente gratuita dirixida a persoas desempregadas e con poucos recursos económicos. Para máis información ou anotarse na actividade poden chamar ó  departamento de servizos sociais do Concello de Ourol (982559109).


    Adjuntos: