• 2021-06-08 13:05:08
    Servicios Sociales


    O Concello de Ourol organiza, un ano máis, a Ludoteca de Verán para nenos e nenas empadroados/as en Ourol con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos (cumpridos ó longo deste ano). Esta actividade terá lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 e realizarase en horario de 10:30 a 13:30 de luns a venres.

    O prazo de inscrición comeza o día 10 de xuño e rematará o día 17 do mesmo mes. No caso de quedar prazas vacantes abrirase un prazo de 1 día (18 de xuño para persoas non empadroadas). As solicitudes realizaranse no Concello (Rexistro/Departamento de Servizos Sociais) a partir das 9:00 horas do día 10 de xuño segundo modelo normalizado. Tamén serán admitidas as solicitudes presentadas por correo electrónico no modelo normalizado (que estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello) na seguinte dirección: registro@concellodeourol.es

    O lugar de recepción e recollida de nenos/as participantes na Ludoteca de Verán será no Edificio Multiusos do Concello.

    Trátase dunha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.



    Esta actividade realizarase seguindo todas as medidas de protección e seguridade contra o COVID-19, segundo as directrices dictadas dende as autoridades sanitarias competentes.

    Así mesmo, contarase cun servizo de conciliación de 8:30 a 10:30 h. para aquelas familias que acrediten a necesidade do mesmo. Este servizo estará ubicado no Edificio Multiusos do Concello e dará comezo o día 5 de xullo de 2021. A solicitude do mesmo realizarase entre os días 10 de 17 de xuño, a través dun modelo que se lles facilitará a aquelas persoas que o soliciten.

    Para máis información sobre a Ludoteca de Verán pode contactar co Departamento de Servizos Sociais no teléfono 982559109 ou no 677489457



    Adjuntos: