• 2022-05-09 19:26:56
    Protección Civil

    Este sábado día 14 temos o IV Rallye Mariña Lucense:
    Parroquias afectadas: Xerdiz e Ourol
    O tramo no noso concello: Saldrá da Taberna de Xerdiz e rematará en Juan Blanco (300 metros antes da antiga taberna).
    Vías afectadas: 
    LU - 3804: De Belsar a praza de Viveirón
    LU - 3811: Dende o salero do cruce de As Rabiñas ata Juan Blanco
    Estas estradas estarán cortadas dende as 7:30 da mañá ata as 15:15. Por eso rogamos as persoas habituales desas estradas; que busquen rutas alternativas (nese tramo horario).
    O tramo ten unha lonxitude de 11,68 km. Saldrá da Taberna de Xerdiz; en dirección a Viveirón, ata o cruce das Rabiñas situado xunto ó salero; onde se desvían dirección Juan Blanco.
    O tramo terá duas pasadas:
    Na primeira pasada o primeiro coche saldrá as 8:38
    Na segunda pasada o primeiro coche saldrá as 12:14
    Estamos ante un evento deportivo de alto nivel; cos mellores pilotos de rallyes de Galicia; por iso animamos a todolos veciños á asistir, así como a extremar as precaucións, respetar a sinalización e as indicacións dos comisarios, chegar con antelación ó punto onde desexamos colocarnos, e sobretodo colocarnos en lugares fora de peligro.

    Adjuntos: