-
RESTRICCIÓN DA CIRCULACIÓN NA ESTRADA PROVINCIAL LU-P-3806 DE OUROL A SISTO, QUE UNE A PARROQUIA DE OUROL COA PARROQUIA DO SISTO2023-01-18 11:43:34Info General
Desde o Concello de Ourol informase que debido as circunstancias meteorolóxicas adversas producironse desperfectos importantes no firme da estrada provincial LU-P-3806 "De Ourol a Sisto", circunstancia pola cal non é posible a circulación ou paso de ningún vehículo no tramo de A Rega (Ourol) a Sebrán (Sisto) desta estrada provincial.
Todas as persoas que acudan á parroquia do Sisto deben utilizar como via alternativa a estrada provincial de LU-P-6602 "Da Ruanova por Sisto a Muras" (que vai da parroquia de Bravos á parroquia do Sisto) ou pola estrada de Leganitos (concello de Muras) a Sebrán.
Dita restricción de circulación manterase así ata que se produza o arranxo destes importantes desperfectos na referida vía.