-
SUBVENCIÓNS PARA CALDEIRAS DE BIOMASA2023-02-02 13:38:00Emprego
BENEFICIARIOS:
a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial
b) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:
Os proxectos de biomasa que se subvencionarán son os do grupo:
B1 - Caldeiras que utilicen leña.
B2 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 l.
B3 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 l.
Serán subvencionables:
a) O equipamento principal de xeración enerxética
b) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas.
c) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
d) O custo do sistema de almacenamento e alimentación do combustible.
e) O custo de montaxe e conexión.
PRAZO SOLICITUDE BENEFICIARIOS:
Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas.
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
- Inicio solicitude: 1 de marzo de 2023
- Fin solicitude: 29 de xuño de 2023
CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:
A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.
A contía máxima da axuda por proxecto será de 8.000 €
INFORMACIÓN: INEGA. DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2023.
Teléfono de información: 981-541500
www.inega.gal
No correo electrónico: inega.info@xunta.gal