• 2023-02-24 12:45:18
    Servicios Sociales

    O Concello de Ourol, con motivo da celebración do día da Muller, organiza unha representación teatral para o domingo 5 de marzo ás 17:00 horas no Edificio Multiusos.

    Este espectáculo que leva por título "TABÚ", nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos de diferentes partes de Galicia sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
    Trátase dun show de narración oral coa misión de transmitir historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós. 
    Esta actividade está subvencionada con fondos do pacto de estado contra a violencia de xénero.


    Adjuntos: